Actividade extraescolar 2010-2015

Preparando Aerosoles...

Proxecto ralentizado por mor dos recortes presupuestarios

O mural homenaxe ós deportes situado frente ao noso centro de ensino non avanza porque non hai cartos para esta actividade creativa. Ainda así coa chegada do bo tempo con sorte contaremos de novo con voluntarios como foron Lenex ou Yanira entre outros. Polo de agora intentaremos manter o que hai e que non regrese o moho.

Progreso do mural ao detalle





















Mural en perigo

Non temos cartos para proseguir co mural "Homenaxe aos deportes" no muro do pavillón do noso centro. Para acadar un resultado xeitoso e de calidade necesitamos uns 100 botes de sprays e non temos máis axuda. A  que tivemos deu para unha man de pintura nos grises e mohosos muros e as prácticas na actividade extraescolar desenrolada nas tardes dos xoves por voluntarios. Grazas ós colaboradores como Hugo, Denís, Josuha, Bárbara, Avelino, Sara, Ana, Ale, Lucía e Yanira o proxecto pusose en marcha. Recurrimos ó emprego doutros materiais e prolongamos a finalización.

David e Alex preparando plantillas para o graffiti do fondo

Alex e David foros os autores dun dos graffitis do taller 2 (aula 7B) no IES María Soliño. Nesta instantanea traballaban recortando plantillas para a explosión de cores do mural do fondo. Grazas ás achegas do alumnado interesado nesta técnica coma eles, Lenex, Yanira e moitos alumnos de Plástica e bacharelato de artes.