Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas

La técnica del grafiti: Canción Aerosol.





Audiovisual creado por Alex García, alumna de bacharelato de artes, para T.E.G.P.

Utiliza aerosoles respetuosos co medio ambiente (acrílicos).
Recicla os envases.
Respeta a propiedade privada e pública.
Solicita permisos.

Exit Through The Gift Shop. A película documental de Bansky




O graffiti sempre polémico volveu a ser noticia. Amado, e odiado por outros, é certo que hai arte de rúa por detrás das pinturas. Agora estrenase un documental sobre este "reality show" dende o punto de vista particular de Banksy, o nome polo que é coñecido o artista urbán máis enigmático e prolífico de todolos tempos. Un gurú da arte da Rúa que decidiu porse tras das cámaras. A arte como moeda de cambio é unha das duras críticas que o artista denuncia, e agora está gañando forza no seu film. "Estou pensando en deixar o mundo da arte. Quero facer algo un pouco máis creativo" ironiza.

BANSKY: Exit Through the Gift Shop (Trailer) Sair a través da tenda de regalos


Banksy é o nome de guerra co que se coñece ao máis prolífico artista urbán de todolos tempos, ao gurú do grafitti e da arte rueira, e EXIT THROUGH THE GIFT SHOP é a súa primeira incursión no mundo do cine. A súa identidade é un dos segredos mellores gardados da arte británica, pero a súa obra é coñecida por todos. As súas aclamadas obras decoran rúas desde Nova Orleans ata o muro de Cisxordania que separa Israel de Palestina. Saltou a fama entre outras cousas tamén porque recoñecidos actores do cine de Hollywood  como Angelina Jolie e Brad Pitt mercaron obra súa