BANSKY: Exit Through the Gift Shop (Trailer) Sair a través da tenda de regalos


Banksy é o nome de guerra co que se coñece ao máis prolífico artista urbán de todolos tempos, ao gurú do grafitti e da arte rueira, e EXIT THROUGH THE GIFT SHOP é a súa primeira incursión no mundo do cine. A súa identidade é un dos segredos mellores gardados da arte británica, pero a súa obra é coñecida por todos. As súas aclamadas obras decoran rúas desde Nova Orleans ata o muro de Cisxordania que separa Israel de Palestina. Saltou a fama entre outras cousas tamén porque recoñecidos actores do cine de Hollywood  como Angelina Jolie e Brad Pitt mercaron obra súa

No hay comentarios:

Publicar un comentario